Poul Anderson
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Poul William Anderson, escritor de ficción científica estadounidense nado en Bristol, Pensilvania o 25 de novembro de 1926 e falecido o 31 de xullo de 2001 (debido a unha rara e letal forma de cancro de próstata). Sogro de Greg Bear. Nalgunhas das súas historias utilizou o seudónimo de "A.A. Craig", "Michael Karageorge" e "Winston P. Sanders".
De pais escandinavos emigrados a Estados Unidos, cursou estudos universitarios en física na Universidade de Minnesota, graduándose en 1948. Para entón xa publicara varios relatos na revista Astounding (empezara a escribir relatos de ficción científica en 1937 cando cae convalecente dunha enfermidade), o primeiro, A matter of relativity, no número de setembro de 1944. En 1947 publicou a súa primeira obra de envergadura: Tomorrow's children no Astounding de marzo, cando só contaba con 20 anos. Este relato sería un dos tres que formarían a novela postapocalíptica O crepúsculo do mundo.
Os beneficios obtidos de todos estes traballos levárono a tomar a decisión de adicar "un ano sabático" consagrado a escribir. O ano sabático prolongouse ata o último momento da súa existencia.
Entre as súas primeiras novelas atópase A onda cerebral. Os seus libros posteriores poden agruparse en sagas, como a serie da "Liga Polesotécnica" protagonizada por Nicholas van Rijn, a "serie Flandry" de Dominic Flandry, ou as viaxes a través do tempo de "A patrulla do tempo" que comezan no relato Gardiáns do tempo. Outras obras que non teñen nada que ver coas series anteriores, como ocorre con Tau Cero. Como autor prolífico que foi, tocou moitos dos temas habituais da ficción científica, desde as viaxes no tempo ás invasións extraterrestres, e desde as naves xeracionais ao posthumanismo.
Na súa última época escribiu unha tetraloxía que comeza con Colleita de Estrelas (1993).
Formou parte do círculo de escritores de John W. Campbell que configuraron a chamada idade dourada da ficción científica. Relatos seus como A última viaxe, Non haberá tregua para os Reis, Carne compartida, A raíña do Aire e a Escuridade, O canto do chibo, A lúa do cazador e O xogo de Saturno obtiveron varios premios Hugo e Nébula na súa categoría.
Tamén escribiu algunhas novelas de fantasía, como Tres corazóns e tres leóns ou A espada rota ou a serie "Rei de Ys", e novelas policiais.
[editar] Estilo
A súa formación permitiulle dotar de gran verosimilitude científica ás súas obras, o que lle conferiu o ser considerado un dos expoñentes da ficción científica dura. Con todo, non hai que desbotar a estrutura narrativa que consegue imprimir nos seus relatos, que conxugan a amenidade e o ritmo necesario para manter o interese do lector. Estas calidades destacan sobre todo nos seus contos e novelas curtas.
[editar] Bibliografía
Novelas
- A onda cerebral (1954) Brain Wave
- Sen mundo propio (1955) Non world of their own
- Guerra de alados (1958)
- Planeta de mulleres (1959)
- A gran Cruzada (1960) The high crusade
- O crepúsculo do mundo (1961) Twilight world
- Cita Galáctica () Star Ways (serie o instituto psicotécnico) (tamén publicada como Ruta Galáctica ou Xitanos do espazo)
- En órbita () Mayday orbit (serie Flandry)
- Os corredores do tempo (1965) The corridors of time
- O mundo de Satán (1969) Satan's World (Liga Polesotécnica)
- Mirkheim () Mirkheim (Liga Polesotécnica)
- Tau Cero (1970) Tau Zero
- Tempo de lume (1974) Fire time
- O avatar () The avatar
- The Enemy Stars
- A nave dun millón de anos (1989)
- Colleita de estrelas (1993) Harvest of Stars
- As estrelas son de lume (1994)
Coleccións de relatos
- Gardiáns do tempo (1960) Guardians of Times
- Estraños terrícolas (1961)
- Órbita ilimitada (1961) Orbit Unlimited
- O mellor de Poul Anderson (1969)
- Os moitos mundos de Poul Anderson (1974) The many worlds of Poul Anderson
- O pobo do aire (1976)
- A última viaxe (1976)
- A patrulla do tempo (1991) Time Patrol (ampliación de Gardiáns do tempo)