Praza da Quintana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Praza simbólica en Santiago de Compostela que se forma pola confluencia das seguintes edificacións:
- a fachada sur do transepto da catedral de Santiago;
- a Casa da Parra (edificio de finais do século XVIII e hoxe sede da Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas no Exterior);
- San Paio de Antealtares;
- a Casa da Conga;
Moi utilizada en eventos públicos de carácter xeralmente nacionalista (día das letras galegas, día da Patria, manifestacións ou conmemoracións de Nunca Máis, etc.), aínda que tamén grandes concertos populares, está dividida por unhas escalinatas que separan a chamada Quintana de vivos da Quintana de mortos.
Nos canzorros do alto da Casa da Parra hai unha cámara web da CRTVG, que renova a imaxe cada dous segundos e abrangue aproximadamente un ángulo de visión de 90º.