Prisco de Panio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Prisco, de Panium en Tracia, foi un sofista e historiador grego do século V. Acompañou a Maximino o embaixador de Teodosio II á corte de Atila en 448. Durante o reinado de Marciano (450-457) tamén formou parte de misións a Arabia e Exipto. Prisco foi o autor dunha obra histórica en oito libros (a Historia Bizantina), probabelmente desde a entronización de Atila á de Zenón (433-474). So quedan fragmentos da súa obra, en gran parte preservados na Getica de Xordanes, pero a descrición de Atila e a súa corte e o informe da recepción dos embaixadores romanos é unha valiosa peza de historia contemporánea, os seus escritos son imparciais e obxectivos, cousa pouco usual.
Tres coleccións dos restos da súa obra son:
- Ludwig Dindorf : Historici Graeci Minores (Leipzig, B.G. Teubner, 1870) (en grego)
- C.D. Gordon : The Age of Atila: Fifth-century Byzantium and the Barbarians (Ann Arbor, University of Michigan Press, 1960) (en inglés con comentario e notas).
- Blockley, R.C.: The Fragmentary Classicising Historians of the Later Roman Empire, vol. II (ISBN 0905205154) (inclúe fragmentos doutros historiadores, incluído Olimpiodoro de Tebas)
[editar] Ligazóns externas
- Prisco na corte de Atila, tradución de J.B. Bury