Pro Tools
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pro Tools é unha Estación de Audio Dixital (Digital Audio Workstation ou DAW en inglés) da compañía Digidesign para a produción musical e a edición dixital de audio. É amplamente usado por profesionais de produción musical, post-produción, televisión e realización de bandas sonoras de películas.
Foi un dos primeiros programas en proporcionar edición multipista con calidade de CD (16 bits e 44,1 kHz) nun ordenador persoal, polo que rapidamente se expandiu no campo da gravación de son. Orixinalmente fíxose moi popular pola súa sinxela e dinámica interface de edición de audio. A súa primeira versión apareceu en 1991.