Pronome
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En lingüística e gramática, pódese denominar a aquelas palabras que desenvolven unha función pronominal (as que substitúen un sintagma nominal que se mencionou previamente ou que se sobreentende) co vocábulo pronome.
Por exemplo, eu, me, che, este, calquera, etc.
Nalgúns pronomes exprésase o número, a persoa e en ocasións o xénero. Cando o pronome fai referencia a unha persoa, ao pronome denomínaselle pronome persoal. Cando o pronome indica posesión, denomínase pronome posesivo. Cando introduce unha proposición adxectiva denomínase pronome relativo,... se ben estas subclases de palabras (posesivo, relativo) conforman xunto co artigo, demostrativo, numeral e indefinido a clase de palabra dos determinantes.
Pero ademais, existe un tipo de pronome que non fai referencia a ninguén nin nada, carece de significado léxico e denomínaselle expletivo ou pleonástico. En inglés, por exemplo, emprégase o pronome expletivo para cubrir a carencia dun suxeito en oracións impersoais, por exemplo o pronome it na oración "It rains" ("Chove" ). En galego é posible o uso dun el pleonástico: "El chove".