Prudenci Bertrana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Prudenci Bertrana (Tordera 1867 - Barcelona 1941) foi un escritor catalán.
Estuda en Xirona, e en 1884 trasládase a Barcelona para estudar enxeñería industrial, pero déixao logo do primeiro ano para estudar na Escola de Belas Artes, pero non chega a rematar os estudos, aínda que á súa volta a Xirona comeza a ser coñecido como pintor de retratos e paisaxes e accede a un posto de profesor na Escola Municipal de Belas Artes.
En 1898 aparecen as primeiros contos na revista Lo Geronès. En 1902 incórporase á redacción da revista Vida, modernista e conservadora, e colabora coa revista Catalunya e entra en contacto co grupo de escritores modernistas locais: Xavier Montsalvatge, Carles Rahola e Miquel de Palol.
En 1906 publica a novela Josafat con moito éxito. Posteriormente publica Nàufrags (1907) e o libro de relatos Crisàlides (1907)
En 1912 marcha a vivir a Barcelona e convértese en director das revistas satíricas L'Esquella de la Torratxa e La Campana de Gràcia e colabora con El Poble Català e publica coleccións de contos e relatos, La lloca de la vídua i altres conts (1915), Els herois (1920), El meu amic Pellini i altres contes (1923), La bassa roja (1923), El desig de pecar (1924) L'òrgan del diputat (1924), L'ós benemèrit i altres bésties (1932) e obras de teatro, en parte escritas para mellorar a súa precaria situación económica, como Enyorada solitud! (1918), Les ales d'Ernestina (1921), La dona neta (1924), L'auto del senyor Moixet (1925), El comiat de Teresa (1931) e a novela Jo! Memòries d'un metge filòsof (1925).
En 1936 recolle en Impromtus algúns dos artigos de crítica teatral que publicara na Revista de Catalunya e La Veu de Catalunya. A triloxía Entre la terra i el núvols está escrita en clave autobiográfica, componse de L'hereu (1931), El vagabund (1933) e L'impertinent (escrita en 1939, pero que non se puido publicar ata 1948)