Purandas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Purandas foi unha cidade do reino de Arzawa que se negou a entregar aos refuxiados que se opuxeran aos hititas, e resistiu os ataques de Mursilis III. Á fronte da cidade púxose o príncipe ou rei de Arzawa Tapalazunaulis, que volveu das illas do mar Exeo onde estaba, pero ao enfrontar o perigo, Tapalazunaulis fuxiu coa súa familia e algúns fieis e Mursilis puido capturalo, e, sen rei, Purandas caeu rapidamente.