Puzznic
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Puzznic é un videoxogo de tipo quebracabezas. Desenvolvido e producido por Taito en 1989, sairon versións en 1990 para Nintendo Entertainment System, Game Boy, PC Engine, Commodore Amiga, Atari ST, Amstrad CPC, Commodore 64, Apple IIGS, PlayStation, TurboGrafx-16 e ZX Spectrum.
A formulación do xogo é simple, hai que unir aqueles bloques que teñan a mesma forma para facer que desaparezan, sería moi fácil mais están en niveis diferentes e o cursor que os transporta só pode facelo en caso de que permaneza apoiado sobre algún dos soportes que aparecen no cadro. O xogo conta cun total de 144 niveis.