Python
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Python é unha Linguaxe de programación orientada a obxectos e interpretada.
Índice |
[editar] Linguaxe interpretada
Unha das suas características fundamentais é ser unha linguaxe interpretada (igual que TCL, perl, etc), que pode ser executada en calquera sistema operativo, con tal de que éste teña un intérprete desta linguaxe. Polo tanto, non se compila, senon un script interpretado pola máquina.
[editar] Lexibilidade e Sintaxe
En contraposición a outras linguaxes de propósito similar, tales como Perl ou TCL, a linguaxe Python ten unha alta lexibilidade, pero mantendo unha compactitude apropiada.
Identación A identación é empregada para delimitar bloques de programa (mentres que, por exemplo, a linguaxe C emprega as chaves "{}" para esta fin, e o Ada/Pascal empregan begin-end). Exemplo:
función Factorial en C:
int factorial(int x) { if (x == 0) { return 1; } else { return x * factorial(x-1); } }
función Factorial en Python:
def factorial(x): if x == 0: return 1 else: return x * factorial(x-1)
[editar] Utilización
Debido á sua potencia, a ser orientado a obxectos, así como á gran cantidade de librarías que trae incluídas (como por exemplo librarías gráficas), é unha linguaxe multi-propósito, tanto para scripting como para aplicacións máis serias. A modo de exemplo, Google usa Python para multitude de tarefas, incluindo os backends de aplicacions web tales como Gmail.
Fundamentalmente, debido á capacidade de orientación a obxectos, ten unha vantaxe considerable fronte a linguaxes de propósito similar, tal como TCL.
[editar] Manexo de excepcións
Python soporta e usa intensamente o manexo de excepcións en execución (incluso é posible tratar a excepción de "erro sintáctico").
[editar] Filosofía da Linguaxe
'''O [[Zen]] do Python''' Bonito é mellor que feo. Explícito é mellor que implícito. Simple é mellor que complexo. Complexo é mellor que complicado. Plano é mellor que aglomerado. Escaso é mellor que denso. A lexibilidade fai a diferenza. Os casos especiais non son tan especiais como para quebrar as regras. Aínda que a practicidade venza a pureza. Os erros nunca deben pasar silenciosamente. A menos que sexan explicitamente silenciados. Diante da ambigüidade, recuse a tentación de adiviñar. Debe haber un -- e preferencialmente só un -- xeito obvio de facer algo. Aínda que ese modo poida non ser obvio á primeira vista a menos que vostede sexa holandés. Agora é mellor que nunca. Aínda que nunca frecuentemente sexa mellor que *exactamente* agora. Se a implementación é difícil de explicar, é unha má idea. Se a implementación é fácil de explicar, pode ser unha boa idea. Os “espacios de nomes” son unha gran idea -- faremos máis desas!
[editar] Véxase tamén
[editar] Historia
Python foi creado nos anos noventa por Guido van Rossum no Stichting Mathematisch Centrum (CWI) nos Países Baixos
[editar] Ligazóns externas
As seguintes ligazóns están en inglés:
- Páxina oficial de python
- Documentación sobre python-En castelán
- Videoxogos con python-En inglés