Queratina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A queratina é unha proteína da serie das escleroproteínas que sintetizada constitúe os tecidos córneos da epiderme dos vertebrados. É o exemplo tipo de proteína fibrosa.
É unha proteína secundaria de forma tridimensional de α-hélice (α-queratina) ou de follas-β-pregadas (β-queratina), constituídas por cerca de 15 aminoácidos, principalmente dun aminoácido sulfurado denominado cisteína. Esas estruturas aparecen porque os aminoácidos da queratina interactúan entre si através de pontes de hidróxeno e ligazóns covalentes bisulfito (-S-S-) denominadas ligazóns cisteídicas.