Quita e pon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Quita e pon (orixinal: Nip/Tuck) é unha serie de televisión creada por Ryan Murphy e estreada o 22 de xullo de 2003. Trata da vida de dous cirurxiáns plásticos de Miami, Sean MacNamara (Dylan Walsh) e Christian Troy (Julian MacMahon), mentres as súas vidas comezan a desmoronarse baixo o estrés, a envexa, a luxuria e o crime.