Ría de Ferrol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A ria de Ferrol ofrece pola súa configuración privilexiada unhas magnificas condicións a vida mariña por constituír un perfecto abrigo dos ventos dominantes e temporais.
Existen referencias históricas de asentamentos romanos, normandos e da Baixa Idade Media, todos eles vencellados ao comercio e as actividades navais, militares e pesqueiras que decaen a partir da Alta Idade Media.
Durante a dinastía dos Austrias utilizouse a ria como base non permanente das Armadas, o que supuxo a construción das primeiras fortificacións. A chegada dos Borbóns à Coroa de España trouxo trocos substanciais na política naval decidindo emprazar na ria ferrolá o Arsenal del Norte, por ser un porto natural e idóneo desde o punto de vista láctico e defensivo.
O porto da ria de Ferrol ata ben entrado o século XIX tivo un carácter totalmente castrense, con escasas referencias o pequeno peirao situado no barrio de Ferrol Vello. Un novo porto, desvencellado da actualidade militar, estaba condicionado pola situación do Arsenal e o recinto amurallado defensivo da praza.
Elixiuse o emprazamento anexo o Arsenal cara a o oeste, sendo os primeiros estudos de 1856, a partir dos cales realizouse un pequeno dique do que arrancaba un espigón de 200 metros construíndose o Peirao Sur e unha pequena dársena.
O 24 de Agosto de 1910 créase por Real Decreto, a Junta de Obras del Puerto de Ferrol e a partir do ano seguinte procedeuse a ampliar a infraestrutura existente realizandose as obras de dragado e ampliación da dársena co Peirao de Curuxeiras e o adiantamento dos Cantiles.
No ano 1918 redactouse un anteproxecto que confía os conceptos para futuras ampliacións que se desenrolaron en 1944, cun importante salto cuantitativo, creando o Peirao de Ribera (hoxe, Fenández Ladedra), que non se rematou ata 1960, apoiándose no Peirao Sur anterior e establecendo os accesos ferroviarios o Porto e o Arsenal.
Entre 1949 e 1959 construíronse os peiraos que conforman a Dársena de Curuxeiras (Espigón e Pasaxeiros da Ria).
En 1968, no contexto da especialización de Astano na construción de súper-petroleiros, tivo lugar a inauguración da "Ponte das Pías", tamén denominada como A Ponte do Caudillo, título honorífico do Ditador. A ponte recortaba en 8 quilómetros o acceso á cidade desde o sur, e aseguraba a súa conexión directa cos astilleiros de Astano.
A partir de 1984 iniciase a ultima fase de expansión para obter maiores calados, mais lonxitude dos atraques e superficies de depósitos mais grandes. Constrúense o Novo Peirao con 14 metros de calado, base para desenrolos posteriores.
Na derradeira década do século XX ampliase polo sur o "Peirao Fernández Ladedra" para calados ata 12,50 metros, constráense o peirao que pecha polo norte e créase o acceso o peirao por autovía.
En 1995 comezouse os primeiros estudos para a construción dun peirao na entrada da ria, obras que comezaron no ano 2001. Os peiraos actuais complementan-se cos anteriores facendo do Porto de Ferrol o mellor dotado do noroeste peninsular tanto en liñas de atraque e calados como en superficies.