Río Deza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O río Deza é un afluente do río Ulla pola esquerda. Nace na serra do Testeiro, na parroquia de Zobra (Lalín), ó se xuntaren dous regueiros, o da Candosa mais o do Tasdomonte. Ten un percorrido de 51 Km e presenta unha conca de 551 Km2. O caudal absoluto achegado na súa desembocadura é de 18,6 m3/s.