Río Eume
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nace na Serra do Xistral na parroquia de A Balsa, concello de Muras, provincia de Lugo e desemboca na Ría de Ares, no golfo Ártabro, concello de Pontedeume, provincia da Coruña.
Percorre os concellos de: Abadín, Muras, Vilalba, Xermade, As Pontes, A Capela, Monfero, Cabanas e Pontedeume.
No seu percorrido atópanse dous encoros: o da Ribeira, no concello de As Pontes, e o do Eume, entre os concellos de As Pontes e A Capela.
A comezos do ano 2008 está previsto desviar unha boa porcentaxe do seu caudal, para encher a nova lagoa que se creará na actual mina de lignito de As Pontes. Dita lagoa terá unha extensión superior á da cidade de A Coruña.
Afluentes pola esquerda: Río Parrote (afluentes do Parrote son o Río Porto e o Río Pazos.)
Lonxitude aproximada: 80 km.
O 30 de xuño de 1997 creouse o Parque Natural Fragas do Eume (Real Decreto 211/96 de 2 de maio) cunha superficie de 9.126 Ha. Abarca terras dos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero e Pontedeume.
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||