Río Lérez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra. Nace no monte de San Benito, na parroquia de Aciveiro, no lugar da Noveliza (Forcarei) e percorre 60 Km. con abundante caudal, na dirección NL-SO pasando polos concellos de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade e, finalmente, Pontevedra. Os seus principais afluentes son Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza e Almofrei.