Río Landro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O río Landro ou Landrove pertence á vertente cantábrica, e segue unha dirección S-N desembocando na ría de Viveiro. Nace na parroquia do Viveiró (Muras), nas vertentes oeste e suloeste da serra do Xistral, a 800 m. de altitude. Baixa por un val aberto até Escoiras, que logo se estreita, ao paso que recebe as augas dos regatos de A Eireixa, Ribeira, Torres Vellas e Barocas. Vólvese a abrir por Nogarito e, outra vez encaixado, recolle os aportes do Besteburiz, Balsadas e Grandal. Desde A Santa Mariña contribúen o Boimente, o Louro, o Loureiro, o río da Balsa e o Fontecova. Posteriormente chega ao concello de Viveiro para desembocar entre a praia da Area, en Covas, e o porto de Celeiro. Na desembocadura, o Landro forma un pequeno humidal. Constitúe os límites entre os concellos de Muras e Ourol. En total percorre 42 Km e a súa bacía exténdese por 268 km2.