Río Mera, Río Miño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O río Mera chega pola marxe dereita ao Río Miño, no termo da parroquia de Orbazai. Ten o seu nacemento preto do cordal do Chao cunha aba dunhos 697 metros (cerca do Monte das Bestas), na parroquia de Santalla de Bóveda de Mera ou na parroquia de Vilachá de Mera, segundo outros autores. O longo do percorrido (unhos 12 Km. con 800 metros) recibe as augas de varios regatos (un deles co mesmo nome, o que fai que durante o seu curso reciba outras denominacións) mentres flúe de sudoeste a nordés ata chegar a Orbazai, onde, como se dixo antes (ademais de outros; recibe o regato do Mera, cando na realidade xa a recibiu no lugar da Fraga). Aínda existen na actualidade certas discrepancias entre o nacemento do citado río, xa que a confusión do regato de Mera e mailo río do mesmo nome fan pensar entre as xentes do lugar que o río orixinal é un afluente do regato; e que este é o río orixinal.
- Voltar ao artigo principal: Río Mera