Río Sar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O río Sar é un afluente do río Ulla pola súa banda dereita. Nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela), e discorre polas parroquias tamén compostelás de Sar, Conxo e Laraño. Finalmente desemboca na parroquia de Iria Flavia (Padrón). Un tramo do río Sar está incluído na Rede Natura 2000.
No ano 2005 estanse producindo mobilizacións en oposición á minicentral da Silvouta no río Sar, promovidas por un grupo de veciñas e veciños afectados que viven en Santomé de Obra, e co apoio da asociación ecoloxista ADEGA.