Río Sor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Río Sor pertence á vertente cantábrica, pois flue entre as provincias de Lugo e A Coruña, desembocando no mar Cantábrico, na Ría do Barqueiro. Discorre polos concellos de Mañón, Muras, Ourol e O Vicedo.
[editar] Etimoloxía
A raíz sar- “fluir, discorrer” dá nomes en diferentes linguas indoeuropeas, coma no sánscrito sará- “líquido, fluido”, sarít- 'regato', grego oros e latín serum “líquido leitoso”. Hidrónimos derivados desa raíz, encontrámolos na fonte Sar (Santa María del Campo, Burgos); o regato Sarrión (Coaña, Asturias); regato da Sara (Rodeiro, Pontevedra), Sarria (Lugo); a fonte de Sora (Langás, Zaragoza); e coa alteración /S/ inicial do árabe temos por exemplo o río Jarama. Tamén existe o río Sarno no golfo de Nápoles e mais o célebre afluente do Rin, Sarre no francés e Saar no alemán.”
[editar] Ligazóns externas
- http://www.masmar.com/articulos/art/49,2847,1.html Fotos e información