Río Támoga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río da Provincia de Lugo. Nace na Serra de Xistral, transcorre polos concellos chairegos de Abadín e Cospeito. A súa confluencia co Río Miño perto da parroquia homónima de San Xiao de Támoga marca os límites entre os concellos de Outeiro de Rei e Cospeito.