Raccord
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A continuidade ou raccord fai referencia á relación existente entre os diferentes planos dunha filmación, co fin de que non rompan no receptor ou espectador a ilusión de secuencia. Cada plano ha de ter relación co anterior e servires de base para o seguinte.
[editar] Tipos de continuidade
- A continuidade no espacio: Líneas virtuais, dirección das personaxes e dos seus xestos e ollares.
- A continuidade no vestiario e no escenario: Xa que coma as películas non se graban seguindo o guión secuencial, hai que asegurarse de que o vestiario das personaxes e o seu entorno non mudan sen razón.
- A continuidade na iluminación: Que no haxa cambios repentinos de tonalidade dentro dun mesmo espacio e secuencia.
- A continuidade de interpretación: Tamén é moi importante que os actores e actrices coiden a continuidade, non só espacial (a dirección á que se dirixen, etc.) senón da súa interpretación. Deben coidar factores coma o ton de voz e a expresividade para que resulte natural en cada cambio de plano.