Talk:Racismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Creo que deberiades de cambiar o de que no racismo a xerarquía racial corresponde á raza branca. Hai movementos de xente doutras razas que propoñen que a súa raza é a superior, tanto negros (rastafaris), coma asiáticos (xaponeses de antes da II guerra mundial). Polo tanto, considero que sería máis correcto engadir dentro deses paréntesis "no racismo europeo". --Martín Fernández Calo 21:05, 12 maio 2006 (UTC)
- Concordo en que se debería precisar máis. Penso que ti mesmo podes facer esa edición. --Prevert(talk) 12:02, 13 maio 2006 (UTC)
-
- De acordo. --Slademsx 03:16, 14 maio 2006 (UTC)
- ¿E no americano...? :S --Adalbertofrenesi 22:45, 12 xuño 2006 (UTC)
- Dende as nosas clases de alternativa, e coa axuda dos profes, imos modificar e ampliar este artigo, partindo da traducción do artigo correspondente en castelán. Pero, botando unha ollada ós artigos inglés e francés, parecen moito mellores, non se podería reestructurar dalgun modo, como fan eles? Calquer suxerencia será benvida. --Somos_nós, 29 marzo 2007.
- Tamén dende clases de alternativa, e coa axuda dos compañeiros de francés (que se ofrecen para axudar a traducir dende esta lingua) mais a dos profes, imos a contribuir a que o traballo con este artigo vaia algo máis rápido. Primeiros de Lamas 10:16, 30 marzo 2007 (UTC)