Radiación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En Física, a radiación é un modo de propagación da enerxía a través do espazo, de forma análoga á luz.
A radiación, propiamente dita, refírese á transportada por ondas electromagnéticas, chamada, en consecuencia, radiación electromagnética. Así a todo, emprégase esta expresión tamén para referirse ó movemento de partículas a gran velocidade no medio, con aprezable transporte de enerxía, que recibe o nome de radiación corpuscular.
Se o transporte de enerxía é suficientemente elevado como para provocar ionización no medio circundante, fálase de radiación ionizante. Inda que non é totalmente correcto, é habitual empregar a palabra radiación, por extrapolación, para referirse ás radiacións ionizantes.
[editar] Tipos de radiacións
- radiación ionizante
- radiación de Cerenkov
- radiación corpuscular
- radiación electromagnética
- radiación solar
- radiación de supervoltaxe
En Anatomía, úsase o termo radiación para referírmonos a unha estrutura que diverxe dende un centro común:
- radiación acústica
- radiación do corpo caloso
- radiación estríotalámica
- radiación óptica
- radiación piramidal
- radiación talámica
- radiación tegmentaria