Radiación infravermella
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Radiación infravermella é un tipo de radiación electromagnética con lonxitude de onda maior que a da luz visible, sen embargo menor que a das microondas, consecuentemente, ten menor frecuencia que a da luz visible e maior que a das microondas. O vermello é a cor de lonxitude de onda máis larga da luz visible, comprendida entre 700 nanometros e un milímetro.
No espectro electromagnético, os infravermellos se subdividen en infravermellos curtos (0,7-5 µm), infravermellos medios (5-30 µm) e infravermellos largos (30-1000 µm). Mentras, esta clasificación non é precisa porque en cada área de utilización, se ten unha idea diferente dos limites dos diferentes tipos. Os infravermellos están asociados ao calor porque os corpos na temperatura normal emiten radiación térmica no campo dos infravermellos.
[editar] Utilidade dos raios infravermellos
Os infravermellos son utilizados nos equipamentos de visión noturna cando a cantidade de luz visible é insuficiente para ver os obxetos. A radiación é detectada e despois refletida nunha tela. Os obxetos máis quentes se converten nos máis luminosos. Un uso moito común do infravermello é para para efectuar comandos a distancia (telecomandos), preferibles ás ondas de radio por que non sofren interferencias doutras ondas electromagnéticas como. por exemplo, os sinais de televisión.
Os infravermellos tamén son utilizados para comunicación a curta distancia entre os ordenadores e os seus periféricos. Os aparellos que utilizan este tipo de comunicación cumpren xeralmente un patrón publicado por Infrared Data Asociation.
A luz utilizada nas fibras ópticas é xeralmente de infravermellos.
[editar] Historia
Os infravermellos foron descobertos en 1800 por Willian Herschel, un astrónomo inglés de orixe alemá. Hershell colocou un termómetro de mercurio no espectro obtido por un prisma de cristal co a finalidadse de medir o calor emitido por cada cor. Descobriu que o calor era máis forte ao lado do vermello do espectro, observando que alí non había luz. Esta foi a primeira experiencia que demonstrou que o calor pode ser transmitido por unha forma invisible de luz.
Espectro electromagnético |
---|
Ondas de radio | Microondas | Infravermello | Espectro visible | Ultravioleta | Raios X | Raios gamma |
Espectro visible(luz): Vermello | Laranxa | Amarelo | Verde | Azul | Violeta |