Ramón Otero Pedrayo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Escritor e intelectual galego nado en Ourense en 1888 e falecido en Trasalba, Amoeiro en 1976, membro da Xeración Nós.
[editar] Vida
Patriarca das letras galegas, este ourensán de pro pertencente á Xeración Nós, é un dos máis preclaros escritores galegos. Non houbo xénero que el non traballase: ensaio, novela, poesía... ademais dos estudos científicos de xeografía da súa cátedra da Universidade de Santiago. Na Guía de Galicia que el dirixiu están algunhas das súas mellores achegas. Militante do Partido Galeguista foi deputado nas Cortes da República.
Entre as súas novelas destacan Os camiños da vida e O mesón dos Ermos, descrición minuciosa dos costumes e da vida rural galega. Pero a máis coñecida é Arredor de si que pode considerarse como parcialmente autobiográfica e que nos permite albiscar os camiños que percorreron os integrantes da chamada Xeración Nós ata o galeguismo. Neste sentido "autobiográfico" Arredor de si complétase cos artigos "Dos nosos tempos", de Florentino López Cuevillas, e mais con "Nós, os inadaptados" de Vicente Risco, estes dous últimos aparecidos na revista Nós.
Hoxe a Fundación Otero Pedrayo e máis a Fundación Penzol gardan a biblioteca así como os documentos e escritos do ilustre galego e continúa o seu labor na casa-museo de Trasalba.
[editar] Obra
As súas obras, agás as de ensaio, ordenadas cronoloxicamente son:
- Pantelas, home libre (relatos breves) (1925)
- O purgatorio de don Ramiro (relatos breves) (1926)
- Escrito na néboa (relatos breves) (1927)
- Os caminos da vida (novela en tres libros) (1928)
- A lagarada (teatro) (1928)
- Arredor de si (novela) (1930)
- Contos do camiño e da rúa (relatos breves) (1932)
- Fra Vernero (novela) (1934)
- Teatro de máscaras (teatro) (1934)
- Devalar (novela) (1935)
- O mesón dos ermos (1936)
- O mesón dos ermos (relatos breves) (1936)
- O desengano do prioiro (teatro) (1952)
- Entre a vendima e a castiñeira (1957) (relatos breves)
- Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (poesía) (1958)
- Rosalía (diálogo aparentemente teatrais) (1959)
- O señorito da Reboraina (novela) (1960)
- O fidalgo e a noite (diálogo aparentemente teatrais) (1970)
- Noite compostelá (diálogo aparentemente teatrais) (1973)
- O Maroutallo (1974) (relatos breves)