Razo, Carballo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Martiño de Razo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carballo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 869 habitantes (452 mulleres e 417 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 887 habitantes.