Real Casa da Moeda de Xubia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Real Casa da Moeda de Xubia foi unha ceca que fabricou moeda de cobre entre 1812 e 1868.
Estableceuse por orde de 1790 no lugar de Xubia, parroquia de Santa María de Neda, Neda co nome de Fábrica Nacional de Cobrería, como fundición de cobre coa finalidade de forrar os barcos construídos no estaleiro de Ferrol, pero non comezou a produción ata 1803.
Por mor da guerra contra dos franceses converteuse en ceca en 1811. En 1812 cuñáronse as primeiras moedas, concretamente era moedas de 8 marabedís. En anos posteriores tamén se cuñaron moedas de 2, 4 e en 1824 de 1 marabedí.
En 1815 a fábrica de moeda de Segovia comeza a cuñar moedas en nome de Fernando VII e Xubia comezou a perder importancia, en 1819 vólvese a fabricar pranchas para os navíos da armada. Entre 1827 e 1835 deixouse de fabricar moeda, centrándose na fabricación de follas de lata.
En 1850 realizouse a primeira moeda do sistema moetario decimal, que se establecera oficialmente en 1848.
O 28 de agosto de 1850 deuse a orde de finalizar a fabricación de moedas en Xubia, as últimas sairon da fábrica en setembro dese ano.
Entre 1866 e 1868 cúñanse moedas de medio, un, dous e medio e cinco céntimos de escudo.
[editar] Ver tamén
[editar] Bibliografía
A Real Casa da Moeda de Xubia, Ricardo Luís Pita Fernández, Santiago de Compostela, 1996