Reino dos Países Baixos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Reino dos Países Baixos está composto por tres países, os Países Baixos, as Antillas Holandesas e Aruba.
O Estatuto do Reino dos Países Baixos, data de 1954, determina os asuntos xestionados polo Reino. O monarca do Reino é tamén o monarca de cada un dos países, ou sexa a Raíña Beatriz dos Países Baixos e os seus heredeiros lexítimos. O monarca encabeza o consello rexente executivo do Reino e de cada un dos países, sendo representado por gobernadores nas Antillas Holandesas e en Aruba. Entre os asuntos xestionados polo reino atópanse os relacionados con:
- Defensa
- Negocios estranxeiros
- Cidadanía
- Extradición
Outros asuntos son delegados nos gobernos nacionais. O Estatuto do Reino pon fin á relación colonial entre os Países Baixos por unha banda e as Antillas Holandesas e o Suriname pola outra. O 25 de Novembro de 1975, o Suriname converteuse en país independente e en 1986 Aruba obtivo un Estatuto separado das restantes illas das Antillas Holandesas.
Cada un dos países ten un documento propio describindo a formación do seu goberno:
- a Constitución dos Países Baixos -- a grondwet. A pesar de que o seu título fai alusión ao Reino, aplícase soamente aos Países Baixos.
- a Constitución de Aruba -- a staatsregeling de Aruba.
- a Constitución das Antillas Holandesas -- a staatsregeling das Antillas Holandesas.
O consello de Ministros do reino está composto polos ministros dos Países Baixos e un ministro plenopotenciario por cada un dos outros países.
Antes de 1954, o "Reino dos Países Baixos" referíase aos Países Baixos e ás súas colonias. Antes de 1830 (formalmente, 1839) o Reino Unido dos Países Baixos incluía tamén a Bélxica.
A montaña máis alto do Reino é o Monte Scenery (862 m) na pequena illa de Saba, nas Antillas Holandesas.
[editar] Poboación, áreas e densidade poboacional
País | poboación | área | densidade |
---|---|---|---|
Países Baixos | 16 067 754 | 41 526 | 387 |
Aruba | 70 441 | 193 | 365 |
Antillas Holandesas | 214 258 | 960 | 223 |