República Nacional de Ucraína Occidental
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A República Nacional de Ucraína Occidental ou República Popular de Ucraína Occidental (en ucraniano: Західно-Українська Народна Республика, Zakhidno-Ukrayins’ka Narodna Respublyka ou ЗУНР, ZUNR), foi unha república de curta vida entre finais de 1918 e comezos de 1919 en Galicia do leste, Bucobina e Transcarpatia, con capital en Lviv (Galitsia, Polonia).
O censo austrohúngaro de 1910 daba 5,4 millóns de habitantes nos territorios do estado. 3.291.000 ucranianos, 1.351.000 polacos, 660.000 xudeus (considerados minoría nacional), e mais minorías alemán checas e outras. As cidades estaban poboadas maioritariamente por polacos e xudeus mentres que no campo por ucranianos. A maioría da poboación da cidade máis importante (Lviv) era polaca. É máis, esta era considerada unha importante cidade polaca, os conflitos ente Ucraína Occidental e Polonia non esperaron.
Índice |
[editar] Historia
A república foi proclamada o 19 de outubro de 1918, os territorios formaran parte do extinto Imperio austrohúngaro, e trala proclamación unha revolta popular estalou en Lviv xa que os seus cidadáns non querían formar parte dun estado non polaco. Os habitantes de Lviv recibiron apoio de Polonia. O 22 de xaneiro de 1919, a República de Ucraína Occidental uniuse simbólicamente á República Popular Ucraína, conservando governo e forzas armadas. Estes feitos levaron ó inicio da guerra polaco-ucraniana.
En xullo de 1919, Polonia tiña o control sobre a meirande parte de Ucraína Occidental, parte do derrotado exército fuxiu a Checoslovaquia e foi coñecido como a Brigada Ucraniana (Ukrajinská brigáda, en checo), o resto do exército pasou ó territorio da República Popular Ucraína e continuou a loita pola independenza ucraniana. En 1920 Polonia e Ucraína acordaron a paz e establece-la fronteira no río Zbruch.
[editar] Governo
Poder lexislativo: Consello Nacional Ucraniano, 150 deputados. As eleccións ´tiveron lugar entre o 22 e o 25 de novembro de 1918. Case 50 escanos estaban reservados para as minorías (polacos, xudeus, alemáns,...), pero as eleccións foron boicoteadas polos polacos.
Poder executivo: Evhen Petrushevych foi o presidente da República. A pesares da inestabilidade provocada pola guerra con Polonia, a República Nacional de Ucraína Occidental mantivo a estabilidade interior que gozara nos tempos do Imperio austrohúngaro, os funcionarios eran escollidos entre profesionais de tódalas minorías.
O governo aprobou confiscacións de terras a latifundistas e as repartiu entre pequenos campesiños. Na primavera de 1919 logrou movilizar a 100.000 soldados, pero debido á carencia de abastecementos, só 40.000 entraron en combate.
[editar] Vexa tamén
- República Socialista Soviética de Galicia, estado de curta existencia en 1920.
[editar] Referencias
- John Bulat, Illustrated Postage Stamp History of Western Ukrainian Republic 1918-1919 (Yonkers, NY: Philatelic Publications, 1973)
- Orest Subtelny, Ukraine: A History , University of Toronto Press, 1988
- Paul Robert Magocsi, A History of Ukraine, University of Toronto Press, 1996