República Serbia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A República Serbia (en adiante RS) (serbio: Република Српска) é unha das tres entidades políticas que forman Bosnia e Hercegovina. As outras son Federación de Bosnia e Hercegovina e o Distrito de Brcko.
Superficie: 24.811 km² Poboación: 1.490.993 habitantes
Índice |
[editar] Nome
A República Serbia é chamada de xeito xeral en prensa e medios oficiais Republika Srpska. Segundo as regras das linguas eslavas, Srpska (ou sexa de Serbia), pode ser tanto un adxetivo como un nome propio. Pola posible confusión entre a República Serbia (parte de Bosnia á que se refire este artigo) e a República de Serbia (ou Serbia, país independente), o nome Republika Srpska deixase sen traducir nos países non eslavos para evitar confusións.
[editar] Demografía
A RS comprende o 48% da superficie do país, e ten aproximadamente o 34% da poboación. Estes datos como case todos os da antiga Iugoslavia son estimacións, xa que o derradeiro censo oficial tivo lugar en 1991 [1]. O 88,4% da poboación é serbia, bosnios 10,7% e croatas 0,9%. Durante as guerras dos Balcáns a rexión recibiu a refuxiados serbocroatas e serbobosnios doutras partes da antiga Iugoslavia.
[editar] Historia
Trala independenza de Eslovenia e Croacia da antiga Iugoslavia o 24 de outubro de 1991, créase a Asamblea Serbobosnia para defender os intereses serbobosnios dentro da antiga República Iugoslava de Bosnia e Hercegovina. Esta asamblea organizou un referendo para manterse unidos a Iugoslavia no caso de independenza de Bosnia e Hercegovina. O líder do principal partido serbobosnio Radovan Karadzic organizou as "Provincias Autónomas Serbias" e posteriormente declarou os territorios como República do Pobo Serbio de Bosnia e Hercegovina (Република српског народа Босне и Херцеговина). Isto foi declarado inconstitucional polo goberno de Saraxevo, quen votou unha nova constitución secesionista de Iugoslavia (caso análogo á da República Krajina de Serbia en Croacia).
En marzo de 1992 proclámase a independenza de Bosnia e Hercegovina co desacordo dos serbobosnios (un terzo da poboación). Como reacción a República Serbia de Bosnia e Hercegovina declarou a súa independencia o 7 de abril, e o 12 de agosto eliminaba a referencia a Bosnia e Hercegovina no nome quedando só en Republika Srpska. Forzas paramilitares serbias e o exército iugoslavo (JNA, mandado polos serbios pero non formado únicamente por serbios) intentaron impedi-la secesión bosnia.
De 1992 a 1995, é dicir, durante a guerra de Bosnia, os serbobosnios da RS era un dos tres bandos enfrontados, os outros dous eran os bosnios e os bosniocroatas da República Croata de Herzeg-Bosnia. Durante a guerra e segundo o Tribunal Internacional para a Antiga Iugoslavia, os serbobosnios abriron campos de concentración, levaron a cabo masacres en masa (ver masacre de Srebrenica) e actos de xenocidio e limpeza étnica da poboacion non serbia.
Segundo o Acordo de Paz de Dayton a RS ficaría co 49% do territorio de Bosnia e Hercegovina e se recoñecería o estatus de entidade propia en federación coa Federación de Bosnia e Hercegovina para formar Bosnia e Hercegovina.
Por mor da guerra e dos desprazamentos forzosos de poboación, a transición á economía de mercado vese complicada. O Alto Representante para Bosnia e Hercegovina tivo que apartar dos seus cargos a moitos dirixentes serbobosnios acusados de corrupción ou de crimes de guerra. Debido ó referendo de Montenegro e a cada vez maior insatisfacción dos serbobosnios co goberno de Saraxevo, moitos queren convocar un referendo de seu, aínda que a comunidade internacional non acepta a lexitimidade dun referendo convocado por unha das entidades do Acordo de Dayton.
O 1 de xaneiro de 2006 a RS deixou de xeito oficial de ter forzas armadas como reivindicación da OTAN para un acordo de cooperación con Bosnia e Hercegovina. Pese a que Saraxevo é a capital de iure da RS, Banja Luka é a capital de facto, coa maioría das sedes do goberno rexional.