Revolución de 1905
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia de Rusia |
---|
Primeiros eslavos orientais |
Cázaros |
Principado de Kiev |
Principado de Vladimir-Súzdal |
República de Novgorod |
Bulgaria del Volga |
Invasión mongola de Rusia |
Horda de Ouro |
Principado de Moscova |
Kanato de Kazán |
Imperio Ruso |
Revolución de 1905 |
Revolución de 1917 |
Guerra civil rusa |
RSS Federativa de Rusia |
Federación Rusa |
A revolución rusa de 1905 foi unha revolta espontánea e antigobernamental que se xeneralizou en todo o Imperio Ruso. Considerada o punto de arrinque dos cambios que conduciron á Revolución Rusa
[editar] Contexto
A Rusia dos tzares gobernábase como unha autocracia cunha monarquía absoluta e unha nobreza que posuía case toda a terra cultivable que explotaba aos campesiños como servos, Rusia era un país onde a industria era relativamente escasa e que non coñecera a revolución liberal que cambiara a Europa no percorrer do século XIX. A oposición ao réxime estaba dividida en dúas grandes correntes, a liberal que aspiraba a dar a Rusia un réxime semellante ao do resto de Europa e os que desexaban unha revolución social que liberase ás masas campesiñas.
[editar] Revolta
En 1905 a derrota de Rusia fronte ao Xapón na guerra ruso-xaponesa puxo de manifesto a febleza e acaísmo do réxime ruso e foi a faísca que prendeu o movemento revolucionario. O 22 de xaneiro de 1905 formouse en San Petersburgo unha inmensa manifestación que de forma pacífica se dirixiu ao palacio do tzar Nicolás II para pedir a convocatoria de eleccións democráticas a unha Asemblea Constituinte e a mellora das condicións dos traballadores. A reacción das autoridades foi brutal, a policía ametrallou á multitude desde a residencia real causando arredor de mil mortos nunha xornada coñecida como o Domingo vermello, non se sabe se coa complacencia do emperador ou non xa que este non estaba na cidade. A insurrección extendeuse ás principais cidades e en Odessa os mariñeiros do acoirazado Potemkin subleváronse matando aos oficiais. O tzar en vista dos acontecementos prometeu convocar unha asemblea representativa, a Duma que se constituiu en maio de 1906 pero que tivo curta vida xa que foi disolta polo tzar pouco tempo despois.