Robben
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Robben é unha illa de 547 hectáreas que se localiza a 12 km ao norte de Cidade do Cabo, na baía de Table. Agás a igrexa, todo o territorio da illa é propiedade do estado. Na illa habitan grandes colonias de pingüíns
Estivo habitada hai milleiros de anos, cando a canle que a dividía do continente non estaba baixo a auga. Dende fins do século XVII a illa empregouse como prisión, e entre os reclusos estiveron líderes indíxenas das colonias holandesas en África e Asia. Entre 1836 e 1931 a illa utilizouse como leprosería. No século XX estiveron prisioneiros opositores ao réxime do apartheid como Nelson Mandela, Walter Sisulu, Govan Mbeki ou Robert Sobukwe.
Actualmente a illa é un destino turístico popular, declarado Patrimonio da Humanidade en 1999, e considerado como un símbolo do triunfo sobre o apartheid.