Robert Adamson
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Robert Adamson, filósofo escocés.
Naceu en Edimburgo en 1852 e morreu en Manchester en 1902 . En 1855 morreu seu pai e xa aos 14 anos entra na Universidade de Edimburgo. En 1871 establece a súa residencia en Heidelberg, onde estuda a filosofía alemá, retorna a Edimburgo como asistente de Henry Calderwood e posteriormente de Campbell Fraser.
En 1874 entra como colaborador na Encyclopaedia Britannica, e en 1876 é elixido catedrático de lóxica e filosofía no Owens College de Manchester. En 1893 exerce na Universidade de Aberdeen. En 1895 gaña a cátedra de lóxica na Universidade de Glasgow, onde exercera ata a súa morte.
Os seus escritos consisten en artigos cortos, moitos deles aparecidos na Encyclopedia, tamén elabora un volume sobre Kant e outro sobre Fichte.
En 1903 co título de The Development of Modern Philosophy and Other Essays foron publicadas as súas leccións máis importantes con unha breve introdución biográfica, e en 1907 Development of Greek philosophy.