Rocha magmática
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As rochas ígneas son aquelas rochas que se forman pola solidificación do magma ante unha redución de temperatura, sexa dentro da codia terrestre; co que se producen rochas plutónicas; ou ao agromar á superficie; producindo rochas volcánicas.
De acordo ao modo de arrefriamento presentan distintos tipos de cristalización, indo dende cristais visibles á primeira ollada nas rochas de arrefriamento máis lento, ata a estrutura vítrea da obsidiana, producida por unha violenta redución de temperatura no curso dunha erupción volcánica.
Polo xeral as rochas ígneas, xunto coas metamórficas, son máis competentes cás sedimentarias. Por esta razón, utilízanse con frecuencia na construción.
Exemplos de rochas ígneas son o granito e a diorita.
[editar] Véxase tamén
- Rocha
- Rocha metamórfica
- Rocha sedimentaria
- Fotos de rochas magmáticas en Commons