Roy Acuff
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Roy Claxton Acuff (Maynardville, Tennessee 1903 - 1992) foi un músico americano de country. br> Roy comezou xogando de forma semiprofesional ao béisbol, pero en 1929 unha insolación impediu que xogara cos New York Yankees. En 1933 forma o grupo Tennessee Crackerjacks co que participa en programas de radio de Knoxville, en 1934 o grupo pasa a se denominar Crazy Tennesseans, co que en 1936 grava os seus primeiros temas, que axiña se van converter en éxitos, Great Speckled Bird e Wabash Cannonball. En 1938 o grupo cambia de novo o seu nome para se denominar Smoky Mountain Boys cos que grava temas como Night Train to Memphis, Fire Ball Mail e Wreck on the Highway.
Con Fred Rose funda a súa propia discográfica en 1942, Acuff-Rose Music Publishing Company, que se converteu na primeira discográfica de música country do mundo. En 1974 grava o seu derradeiro single.