RSA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O sistema criptográfico con clave pública RSA recibe este nome pola inicial do apelido dos seus inventores: Ronald Rivest, Adi Shamir e Leonard Adleman. Todo usuario de dito sistema fai pública unha clave de cifrado e oculta unha clave de descrifrado. Unha chave é un número de gran tamaño, que unha persoa pode conceptualizar como unha mensaxe dixital, como un ficheiro binario ou como unha cadea de bits ou bytes. Cando se envía unha mensaxe, o emisor procura a clave pública de cifrado do receptor e unha vez que dita mensaxe chega ó receptor, éste ocupase de descifralo usando a súa clave oculta. As mensaxes enviadas usando o algoritmo RSA representanse mediante números e o funcionamento basase no producto de dous números primos grandes (maiores que 10100) elexidos ó azar para conformar a clave de descifrado. A seguridade deste algoritmo radica en que non hai maneiras rápidas de factorizar un número grande nos seus factores primos utilizando ordenadores tradicionais. A computación cuántica podería proveer unha solución a este problema de factorización.
Índice |
[editar] Historia
O algoritmo foi deseñado no 1977 polos científicos do MIT (Massachusetts Institute of Technology) Ronald Rivest, Adi Shamir e Len Adleman.
Clifford Cocks, un experto en matemáticas que traballaba para GCHQ (Government Communications HeadQuarters), desenrrolou un algoritmo similar nun documento interno en 1973 pero debido ós altos costes do procesamento de datos da época, nunca chegou a implementarse realmente. Este ensaio foi coñecido en 1997 debido a que se clasificou coma confidencial.
O MIT patentóu o algoritmo en 1983 nos Estados Unidos ca patente 4.405.829 que expirou no ano 2000.
[editar] Xeración de claves
- A xeración de claves en RSA levase a cabo da maneira seguinte:
- Seleccionase dous números primos e de maneira que .
- Calculase .
- Calculase .
- Seleccionase un enteiro positivo e tal que o tales que e e φ(n) sexan Primos entre sí.
- Calculase d tal que .
- A clave privada será d e a clave pública será e. *Adicionalmente o parámetro n debe facerse público.
[editar] Ver tamén
Teoría da complexidade computacional
Criptografía asimétrica
Firma dixital cega
[editar] Enlaces Externos
- Algoritmo RSA
- Ataques RSA I
- Discusión sobre o Algoritmo RSA
- PKCS #1: RSA Cryptography Standard (Sitio oficial de RSA Laboratories )
- A Method for Obtaining Digital Signatures and Public-Key Cryptosystems, O documento da revista Communications of the ACM, Vol. 21 (2), 1978, páxinas 120--126 escrtia por R. Rivest, A. Shamir e L. Adleman, Posterior ó "Technical Memo" de April 1977.
- Una introducción a RSA, M. Griep, Oct. 2002