Sadurnín, Cenlle
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Juan de Sadurnín é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense, situada a uns dous quilómetros de Santa María de Cenlle.
Situada no curso dun regato que desemboca no río Miño entre Razamonde e Trasaríz, limita con Santa María de Cenlle e Ervededo e comprende os lugares de Sadurnín e Saa.
O Curato é de segundo ascenso e provisión ordinaria.
No lugar de Sadurnin atopamos a igrexa de San Xoán de Sadurnín, e o chamado Pazo de Sadurnín. No lugar de Saa atopamos o Pazo de Saa.
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle | |
---|---|
A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel) |