Samuel White Baker
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Samuel White Baker (Londres 1821 - Sandford Orleigh 1893) foi un explorador inglés.
Educado en Inglaterra e Alemaña, logo da súa voda en 1843 estableceuse en Mauritius durante dous anos, antes de pasar a Ceilán onde estableceu un asentamento agrícola en Nuwara Eliya para o que levou emigrantes ingleses. Na súa estadía ceilandesa publicou The Rifle and the Hound in Ceylon (1853) e Eight Years' Wanderings in Ceylon (1855), resultado das súas expedicións de caza.
Foi supervisor da construción do ferrocaril na Dobrudja, que conectaba o Danubio co mar Negro.
En marzo de 1861 emprende a súa primeira expedición por África central, co propósito de descubrir as fontes do Nilo. O 14 de marzo de 1864 foi o primeiro europeo en ver o Albert Nyanza