San Telémaco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Telémaco foi un monxe que, segundo a tradición católica, cando tentaba despatir a uns gladiadores no Coliseo de Roma morreu apedrado pola multitude no ano 404. O emperador cristián Honorio, impresionado polo martirio do monxe prohibiu a loita de gladiadores en Roma. A súa historia contánola Teodoreto, bispo de Ciro.