Secuencia fílmica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nun filme, unha secuencia é unha serie de planos continuos que forman unha unidade narrativa, normalmente conectadas pola mesma localización ou polo mesmo tempo. A análise das secuencias é un dos exercicios básicos para aprender a ler un filme. Unha secuencia particularmente longa e filmada nun só plano denomínase plano secuencia