Sepp Maier
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Josef 'Sepp' Maier (nado o 28 de Febreiro de 1944 en Metten, Alemaña) é un futbolista. Concretamente xogaba de gardamallas.
Toda a súa carreira transcorre no Bayern Munich. Con este clube gañou a Bundesliga catro veces e a Copa de Europa tres veces consecutivas. Aínda mantén unha marca, a de xogar 422 seguidos, entre os anos 1966 a 1977. Foi nomeado Xogador Alemán do Ano tres veces.
Coa Selección nacional de fútbol de Alemaña consegiu o título de campeón mundial en Alemaña e a Eurocopa 1976.
Retirouse en 1979 tras sufrir un accidente de coche. Despois diso estivo a adestrar ós gardamallas do Bayern Munich e máis tarde da selección xermana.