Sigla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As siglas son palabras formadas polo conxunto de letras iniciais dunha expresión complexa. Por exemplo: Unión Europea = UE
Tamén se denomina sigla a cada unha das letras que forman a mencionada palabra.
Pódense escribir puntos entre cada letra, pero o máis común é omitilos a menos que se queira enfatizar o seu carácter de sigla.
Cando a sigla pronúnciase habitualmente soa, denomínase acrónimo e é frecuente escribilo en minúsculas. Por exemplo láser, radar ou sida.
Cando as siglas son as iniciais de varias palabras que están en plural, adóitanse dobrar as letras. Por exemplo:
- Estados Unidos = EE.UU.
- Comisións Obreiras = CC.OO.
- Ferrocarís do Estado FF.CC. do E.
Neste caso pódense usar os espazos no canto de puntos: EE UU. Este tipo de siglas non se soletrean senón que se len igual có nome completo. Outra incorrección común é escribir puntos entre cada letra:
- Recursos humanos = R.R.H.H., RR.HH.
[editar] Véxase tamén
- Abreviatura
- acrónimo
- Acrónimo recursivo
- Epónimo
- Hipónimo, hiperónimo
- Homónimo
- Lista de acrónimos en Medicina
- Lista de siglas e acrónimos
- Lista de siglas e acrónimos de informática
- Polisemia
- Pseudónimo
- Sigla
- Sinónimo
- Xenerónomo