Silingos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os silingos foron un pobo xermánico, máis precisamente unha ramificación Este dos vándalos, que se terá establecido na área da Silesia. Inseridos na grande migración xermánica, e en fusión coa outra ramificación vándala, os asdingos, estenden o seu ámbito á Península Ibérica e máis tarde ao norte de África.