Souto de Rozavales
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Souto de Rozavales situado a 750 m de altitude dentro da parroquia de San Martiño de Manzaneda no lugar de Rozavales pertencente o concello de Manzaneda.
O Souto de Rozavales, é un espacio cunha superficie de 1 ha., 79 áreas e 80 centiáreas, onde poden contemplarse exemplares arbóreos de extraordinaria beleza. Como exemplar sobresaínte destaca pola súa singularidade o Castiñeiro de Pumbariños. Este magnífico exemplar, cun perímetro de 12,15 m. constitúe un exemplo de equilibrio entre as actividades forestais, agrícolas e de aproveitamento gandeiro, que forman parte do patrimonio natural e cultural galego.
Os soutos na Comunidade Autónoma de Galicia veñen sendo explotados secularmente polo home, representan un ecosistema agrosilvopastoral en equilibrio e albergan así mesmo unha grande biodiversidade ó presentaren numerosos hábitats propicios para a fauna.
A declaración como monumento natural no ano 2000 por a Xunta de Galicia, implica a protección pola Administración dos procesos ecolóxicos básicos existentes na zona, mediante a regulación da utilización ordenada dos recursos, que garantan o aproveitamento sostible das especies e dos ecosistemas e a súa restauración e mellora, para facer efectiva a preservación da variedade, singularidade e beleza do seu ecosistema natural e paisaxe.