Subxuntivo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O subxuntivo é un modo gramatical que manifesta o expresado polo verbo con marcas que indican subxectividade.
É o modo da oración subordinada. O subxuntivo precisa da presenza dun nexo e presenta un verbo que achega un concepto sen actualizar. Dependendo do contido da oración principal ou da clase de nexo, o subxuntivo terá carácter diferente, ben indicará algo posible, probable, hipotético... É, en definitiva, o modo do virtual pois ofrece, como xa foi indicado, a significación do verbo sen actualizar.
É de salientar que o futuro de subxuntivo, presente na fraseoloxía popular e na lingua notarial, desapareceu da fala probablemente a finais do século XIX ou comezos do século XX.