Switch
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dende hai tempo, a necesidade de interconectar ordenadores é primordial. Comezouse co uso dos [hub] ou concentradores, que o único que facían era xuntar fisicamente tódalas liñas que lle chegaban, coa única particularidade de que as amplificaba. É dicir, se tiña doce entradas e lle chegaba un dato por unha delas, este debolvía ese dato, amplificado, polas outras once.
Máis adiante, este obsoleto dispositivo evolucionou, e chamouse switch ou conmutador. Trátase dunha matriz intelixente, que lendo a MAC (dirección física da tarxeta de rede do equipo), saberá por que saída manda-lo dato (amplificado tamén).
Esta distinción evita a saturación doutras liñas e equipos, xa que a chegada dun dato non desexado a un equipo fai que este teña que collelo, le-la MAC de destino (na tarxeta de rede) e rexeitalo. Ademais, ó estar ocupada a liña, pode haber colisións.
[editar] FUNCIONAMENTO
Primeiro
Supoñamos que encendemos toda unha sala de ordenadores e co switch. Cando os equipos comecen a enviar datos, o switch non saberá cal é a dirección MAC da tarxeta do equipo que entra por cada porto (debemos recordar que cada equipo se conecta a un porto de conmutador switch). Polo tanto, non lle queda outro remedio máis que funcionar como un hub ordinario, repetindo o dato por tódalas súas saídas.
Segundo
Ó entrar un dato por un porto, o switch lerá a MAC de orixe e anotará na súa taboa a correspondencia entre ese porto e a MAC lida. Como xa dixemos, o switch difunde o dato como un hub. A información chegara a tódolos equipos conectados. Ós que non lles interese (non son os destinatarios) rexeitarano, mentres que os outros elaboran unha resposta.
Terceiro
O switch recibe agora, por un (ou máis) dos seus portos unha resposta. Agora xa poderá introducir na súa táboa a relación entre eses portos e as MAC de orixe.
VÉXASE TAMÉN
- rede informática
- hub
- router
- tormenta broadcast
- MAC