Tahití
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tahití é a maior illa da Polinesia Francesa, no sur do océano Pacífico, localizada no arquipélago das Illas da Sociedade. A capital é Papeete, situada na costa noroeste da illa. Tén un comprimento de 45 km nos seus pontos máis distantes, e cobre aproximadamente 1036 km². O seu pico máis elevado, o monte Orohena, culmina a 2241 m sobre o nivel do mar. O clima é quente e húmido.
Tahiti é a illa máis poboada da Polinesia francesa, con 70% da poboación total. A poboación da illa é de 169674 habitantes (2002), e as linguas oficiais son o francés e mailo taitiano.