Tallulah Bankhead
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tallulah Brockman Bankhead (Huntsville, Alabama 1902 - Nova York 1968) foi unha actriz norteamericana.
Filla do congesista William Brockman Bankhead, aos quince anos logo de gañar un concurso de beleza dunha revista cinematográfica convenceu á súa familia para se trasladar a a Nova York e en 1918 debutou no teatro cun pequeno papel en The Squab Farm. Logo de participar nalgúns filmes, en 1923 marchou a Londres onde actuou en doce obras nos seguintes oito anos con gran éxito.
Regresou en 1931 para se converter na Marlene Dietrich norteamericana, pero os filmes que protagonizou foron un fracaso. Malia iso David O. Selznick pensou nela para o papel de Scarlett O'Hara, pero aínda que as probas que fixo para Foise co vento foron boas, ao final non a elixiu pola súa idade. Tallulah regresou a Broadway pero non acadou o éxito ata 1939 coa obra The Little Foxes. En 1944 co papel da cínica xornalista Constance Porter no filme de Alfred Hitchcock, Lifeboat realizou a que se considera a súa mellor interpretación cinematográfica.
Nas décadas de 1950 e 1960 seguiu actuando en Broadway e en programas de radio e televisión, nas mediadas da década de 1950 a súa carreira comeza a declinar, en parte pola súa afección ao alcool.