Tempo Universal Coordinado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do mundo. É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (Greenwich Mean Time), abreviadamente GMT. Acuñouse esta nova denominación para eliminar a inclusión dunha localización específica nun patrón internacional, así como para basear a medida do tempo nos patróns atómicos, máis do que nos celestes.
Ao contrario do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senon que se mede polos reloxios atómicos. Debido ao feito de que a rotación da Terra se atrasa relativamente ao tempo atómico, o UTC sincronizase co día e a noite de UT1, ao que se suma ou subtrai segundos de salto tanto a finais de xullo como de decembro, cando é necesario. A entrada en circulación dos segundos de salto é determinada polo Servizo Internacional de Rotación da Terra, con base nas súas medicións da rotación da Terra.
"UTC" é unha abreviatura particular: é unha variante do tempo universal, (universal time, abreviadamente UT) e o modificador C (por "coordenado"), foi incluído para enfatizar que é unha variante de UT.
Os tempos UTC de verdadeira alta precisión só se poden determinar unha vez coñecido o tempo atómico, que se establece mediante a reconciliación das diferenzas observadas entre un conxunto de reloxios atómicos mantidos por un determinado número de oficinas do tempo nacionais. Isto só é feito baixo coordenación da Oficina Internacional de pesos e medidas (Bureau international des poids et mesures - BIPM ). Non obstante, os reloxios atómicos son tan exactos que só os máis precisos computadores necesitan usar estas correccións; e a maioría dos utilizadores de servizos de tempo utilizan os reloxios atómicos que teñan sido previamente configurados como UTC, para estimar a hora UTC.
Debido aos segundos de salto, é imposible determinar que representación virá a ter unha data futura, pois o número de segundos de salto que se ten que incluir na data é aínda descoñecido.
UTC é o sistema de tempo utilizado por moitos standards da Internet e da World Wide Web. En particular, deseñouse o Network Time Protocol como unha forma de distribuir o tempo UTC na Internet.
[editar] Exemplo
O servidor da Wikipedia, por exemplo, utiliza UTC como base para a súa lista de actualizacións de artigos. O horario UTC da Wikipedia neste momento é 03:11 (momento da impresión, en caso de que estexa visualizando unha versión impresa).
[editar] Ligazóns Externas
- Consulte a hora no relógio UTC BIPM dinâmico e em Energíaweb
- Hora actual disponível na página http://www.thetimenow.com/
- United States Naval Observatory - O que é o tempo universal?
- http://hpiers.obspm.fr/eoppc/bul/bulc/bulletinc.dat
- W3C: especificações sobre o fuso horário e hora UTC
- Etiqueta UTC para páginas web