Tenis de mesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O tenis de mesa é un deporte similar ó tenis coa característica especial de que a pelota golpéase ó rebotar nunha mesa. Tamén é coñecido como pimpón. Este termo procede dunha marca rexistrada da empresa John Jaques Ltd.
Índice |
[editar] Características xerais do xogo
[editar] A mesa
As medidas da mesa son: unha lonxitude de 2.74 m (9 pés); unha anchura de 1.525 m (5 pés); a superficie de xogo estará a 76 cm (30 polgadas) do chan. No centro da mesa haberá unha rede cunha altura de 15.25 cm (6 polgadas), que separa os dous campos.
[editar] A bóla
A bóla ten un diámetro de entre 38 e 40 mm, circunferencia de 119 milímetros aproximadamente e pesa 2,7 gramos. Será de celuloide ou dun material plástico similar, branca ou laranxa, e mate. Ata fai uns anos, o diámetro da bóla era 38 milímetros, pero foi aumentado a 40 milímetros coa finalidade de conseguir tanteos máis longos.
[editar] O partido
Os partidos poden ser individuais ou dobres.
Ata o ano 2002 os partidos eran ó mellor de 3 ou 5 xogos, e constaban de 21 puntos. A partir de entón os partidos dispútanse ó mellor de 5 ou 7 xogos de 11 puntos cada un. O cambio realizouse para facer ó deporte máis atractivo visualmente.
A paleta pódese agarrar de dúas diferentes formas:
- A presa europea, que permite utiliza-las dúas caras da pala, dando lugar ós golpes clásicos de dereita, e de revés. Utilizada por xogadores como Jan-Ove Waldner.
- A presa asiática, que utiliza principalmente unha única cara. Wang Hao utilízaa.
[editar] O servicio
O que serve debe lanzar coa palma da man cara a arriba verticalmente a bola verticalmente. Cando a pelota baixe, será golpeada coa raqueta de xeito que toque primiero nun lado do campo e, tras pasar por riba da rede sen tocala, no outro. O servicio é incorrecto se, ademais de non se dar calquera das cisrcunstancias anteriores, o xogador falla a pelota con intencion de golpeala.
En campionato simple o cambio de saque se realiza cada dous puntos e, continúase así ata o final da manga ou ata que o marcador acade 10-10, pois, a partir dese momento, hai un cambio de servicio cada punto.
O servicio deberá repetirse, se a bóla, tras realizalo, toca a rede ou un dos soportes e repetirase tantas veces como sexan necesarias para a realización dun servicio correcto.
[editar] Desenvolvemento
Un xogador perde un punto se:
- Non realiza o servivio correctamente
- Non consegue devolve-la bóla de xeito que esta bote unicamente no campo do contrincante.
- Se a súa man libre toca a superficie da mesa mentres a pelota está en xogo.
- Se golpea dúas veces a pelota consecutivamente.
[editar] Cambio de campo
O xogador que empeza nun campo nunha manga, iniciará a seguinte manga no outro campo e, así, ata a fin do partido. Na última manga os xogadores cambiarán de campo no momento en que un deles acade 5 puntos
[editar] Condicións de Xogo
Existen tres condicións regulamentarias nun xogo oficial así como indispensables nun xogo calquera:
- Temperatura: 20-27°C
- Iluminación: estable, non molestante e idéntica para os dous xogadores.
[editar] Arbitraxe
O número de árbitros nun torneo debe ser de dous por mesa, quen levan conta de saques e puntos e supervisan o cumprimento do regulamento.
[editar] Historia
Este deporte ten a súa orixe a finais do século XIX en Inglaterra. Os membros dun club de tenis tiñan un local cuberto onde entraban cando chovía, e alí foi onde xurdiu o deporte. Ó principio empregábanse bólas de cortiza, de goma e finalmente se chegou á actual fabricada con celuloide.
En 1901 comezárnse a celebrar no Reino Unido torneos de tenis de mesa chegando a participar 300 xogadores. É deporte olímpico dende o ano 1988.
China é a maior potencia neste deporte, aínda que durante da década dos 90 Suecia acadou a vitoria repetidas veces grazas ós seus xogadores Jan-Ove Waldner (considerado por moitos o mellor xogador da historia), Jorgen Persson, Mikael Appelgreen e Peter Karlson.
[editar] Datos curiosos
- É o terceiro deporte con máis practicantes federados do mundo.
- A velocidade da pelota pode alcanzar os 190 km/h.
- O tempo de contacto da pelota coa raqueta é de 0'003 segundos.
- Nun estudo demostrouse que é o segundo deporte máis san que se pode practicar.
- Un estudo da NASA determinou que é o deporte máis difícil (a nivel de elite) e é a terceira actividade deportiva máis complicada.
- É o deporte no cal máis se conxuga a preparación física coa intelixencia.
- O tenis de mesa inspirou o primeiro vídeo xogo, PONG.
[editar] Tenis de mesa adaptado
Dadas as características do tenis de mesa, é un moi bo deporte para persoas que sofren algunha minusvalía física, as cales se integran co resto de xogadores, minusválidos ou non. Estes xogadores, á marxe de que existen competicións específicas, forman parte dos campionatos e ligas regulares, participando bastantes deles en ligas nacionais (algún xogando en cadeira de rodas).
Nas competicións de xogadores en cadeira de rodas, a bóla debe saír pola liña de fondo da mesa para que o punto sexa sumado. No caso de que saia por un lateral, o punto será nulo. Nos partidos de dobres de cadeira de rodas a parella non ten por que golpear a bóla alternativamente.